Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, recibe o pregoeiro das Festas do Apóstolo, Luis Zahera.

12.30 h
No Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021.

21.00 h
Na Igrexa de San Martiño Pinario, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave.

22.30 h
Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Prégase aos GRÁFICOS que estean no Concello ás 22.15 h.

Compartir: