Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de maio

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, presiden a Xunta Local de Seguridade. Declaracións ao remate (11.15 h, aprox.).

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, e do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar a proba do Campionato do Mundo de Enduro, que se celebra os días 10, 11 e 12 de maio en Santiago de Compostela. Na rolda tamén estará o organizador, José Candá.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a terceira edición do programa de Residencias Paraíso 2019. Na rolda tamén estarán Caterina Varela, Félix Fernández e Rut Balbis, do Colectivo RPM; e Davide González, da compañía Incendiaria, residente na Sala Agustín Magán.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o programa "Vive o verán 2019" do mes de xullo nos centros cívicos urbanos.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a un grupo de escolares do Colexio La Salle de Dundalk (Irlanda).

Compartir: