Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 13 de abril

12.00 h
Na praza de Cervantes, roteiro teatralizado a cargo dos Quinquilláns no marco das accións preparatorias da Festa do Banquete.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Sés que presenta "Rabia ao silencio" acompañada de Sabela Galbán e Tito Calviño.

21.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música, o Coro Harmonia Stellae e o Coro Hermano Gómez. Dirixidos por Casiano Mouriño e Manuel Tojo.

Compartir: