Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 12 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a convocatoria de cheques de consultoría en comunicación comercial e adecuación de locais dentro do programa "Coidar para mellorar, mellorar para coidar".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.30 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na apertura da exposición "Tierra de Sueños", da fotógrafa Cristina García Rodero. No acto tamén participarán o director da Área de Negocio de CaixaBank en Santiago, Antonio Lema; o responsable de captación de fondos da Fundación Vicente Ferrer, Juan Lledó; e a fotógrafa e comisaria da exposición, Cristina García Rodero.

16.00 h
No salón de actos da Facultade de Medicina, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de apertura, con motivo do Día Mundial do Parkinson, dunha xornada divulgativa sobre a enfermidade organizada por CIBERNED (Instituto de Salud Carlos III), a Fundación Cien e a Fundación Reina Sofía.

17.00 h
Na Explanada Zona C, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste ao obradoiro "Radio en directo con Agareso", dentro das accións do Compostela + Solidaria.

19.00 h
Na librería Lila de Lilith, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á charla "O movemento LGTBI no Salvador. Experiencias dende unha perspectiva trans e feminista", dentro das accións do Compostela + Solidaria.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro del Barrio presenta "Mundo Obrero (una historia de la clase trabajadora española)", dentro de MemoriaPresente da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Dirixida por Alberto San Juan e con Marta Calvó, Pilar Gómez, Alberto San Juan e Luis Bermejo.

Compartir: