Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de setembro

11.15 h
No Salón Vermello, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, recibe os nenos e nenas participantes no programa Verán CampUSC.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar a estrea da nova produción de ButacaZero, a peza Na butaca, con motivo do Día Mundial do Alzheimer que se celebra o 21 de setembro. Na rolda estarán Isabel Gey, presidenta de Agadea; Esther Carrodeguas, autora da obra; Francisco Castro, director de Galaxia e a actriz Pepa Barreiro.

13.00 h
No Salón Vermello, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, recibe un grupo de estudantes da cidade alemá de Regensburg que están a participar nos Cursos de Verán da USC.

Semana Cultural de Conxo

No CSC de Conxo (praza Aurelio Aguirre, nº1)
17.30 h
Obradoiro "Construímos a nosa casa". Actividade pensada para as familias polo CIAC, para traballar o consumo responsable.
18.30 h
Obradoiro de achegamento á sostibilidade "Aprendendo a cultivar cogomelos". Actividade en familia. Inscrición previa.
19.00 h
Xincana ciclista e ruta con Composcleta Asociación Cívica.
20.00 h
Obradoiro de fabricación de cervexa artesanal con Beerlab Conxo.

WOS FESTIVAL

ENCONTROS
16.30 h. Cidade da Cultura. Encontro "Novas estratexias de comunicación e presenza de marca en proxectos culturais". Entrada libre ata completar aforo.
18.45 h. Cidade da Cultura. Encontro "Work in progress: modelos de xestión e festivais musicais". Entrada libre ata completar aforo.

CINEMA
20.00 h- NÚMAX. Proxección de Mientras el cuerpo aguante (Fernando Trueba, 1982).

MÚSICA
21.00 h. Fundación Eugenio Granell. Sesión DJ. La Isla del Tesoro.
22.00 h. Fundación Eugenio Granell. Concerto de Carla dal Forno.

Compartir: