Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar as actividades organizadas co gallo do día Mundial da Visión. Na rolda estará Lourdes Díaz, presidenta da Asociación Tiresias Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao grupo de peregrinos de FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia).

18.00 h
Na rúa Doutor Teixeiro, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, visita as actividades programadas con motivo da Semana Europea da Mobilidade PARKING DAY + XADREZ NA RÚA.

21.00 h
No Teatro Principal comeza o Festival Rosalía cunha gala dirixida por Avelino González e presentada por Lorena Conde. Con actuacións de músicos como Abe Rábade, Nastasia Zürcher, Najla Shami, Uxía Senlle, Sérgio Tannus, Santi Cribeiro, Xiana Lastra e Andrea Porto, e poetas como Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta Dacosta e Rosalía Fernández Rial. Entrada gratuíta previa retirada no despacho de billetes do Teatro Principal.

Compartir: