Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de setembro

10.00 h
No edificio Abanca (Preguntoiro), a tenente de alcalde, María Rozas, asiste á apertura do XIX Congreso AECA "Información corporativa, claves para un crecemento sostido nun entorno dixital".

10.15 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado do colexio alemán Carl Benz Gymnasium de Ladenburg, do programa de intercambio do Colexio Peleteiro,

11.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, preside a entrega dos premios da campaña de recollida de vidro Porta a Porta. No acto tamén participarán Mª Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, e Germán Fernández, xerente de Ecovidrio en Galicia.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada onte en Canteras (Murcia), vítima de violencia de xénero.

12.00 h
En Carreira do Conde, o concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, Jorge Duarte, participa na actividade "Ponte no meu lugar", organizada polo Concello en colaboración con Cogami e Amico con motivo do Día da Accesibilidade e dentro da Semana Europea da Mobilidade. Tamén se farán percorridos pola tarde (de 17:00 a 20:00 horas).

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o Consello de Relacións Veciñais.

20.00 h
No CSCX do Ensanche, asemblea de decisión da Mocidade, dentro dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.

Compartir: