Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 31 de maio

9.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao equipo de Quidditch Lumos Compostela, campión da Copa de Galicia e de España e Top 16 a nivel europeo.

9.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á xornada "A localización dos ODS e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento" organizada polo Fondo Galego Cooperación. Ás 13.00 h participa no obradoiro "Xestión da convocatoria pública municipal para ONGD".

10.30 h
Na Peregrina, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal socialista e o deputado provincial Antonio Leira. Punto de encontro: intersección da estrada da Peregrina e Val do Dubra (bar Triacastela).

11.00 h
No Aeroporto, a concelleira de Turismo, Marta Lois, participa na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria.

11.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que organiza o Museo do Pobo Galego. Asisten: Concha Losada, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo; Ana Estévez Lavandeira, directora da 13ª MICE do Museo do Pobo; Jacobo Sutil, director de Agadic; Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsable da Área de Cultura da Deputación da Coruña; e Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, a tenente de alcalde, María Rozas, recibe a embaixadora de Irlanda, Síle Maguire.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a II edición do programa "Elas tamén pintan", dentro dos Orzamentos Participativos.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para dar conta do estado do proceso de municipalización da ORA e do guindastre. Na rolda tamén estará o xerente de Tussa, José Ramón Mosquera.

18.00 h
Na praza de Cervantes, Paseo literario "Compostela negra", conducido por Diego Ameixeiras, en colaboración con AELG, dentro da pre-SELIC.

18.00 h
Na sala Agustín Magán (Centro Cívico de Santa Marta), Producións Excéntricas ofrece un ensaio aberto e posterior coloquio de "Carpe Diem", dentro do programa de residencias escénicas da concellaría de Acción Cultural.

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no Congreso Internacional da Asociación Española de Estudios Irlandeses AEDEI.

20.30 h
No Teatro Principal, proxección de "Versogramas", de Juan Lesta, Belén Montero e Celia Parra e "Vértice de Versos", de Carlos Lorenzo, dentro da pre-SELIC.

21.15 h
En Numax, dentro do programa Compostela + Solidaria, proxección de curtas documentais de temática social e coloquio co director de Matria, Álvaro Gago.

Compartir: