Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Centro Tecnolóxico de Televés Corporación, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación oficial de emisión en Ultra Definición en Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e Miguel Ángel Martín Fernández, director da Área de Cultura, Deporte e Museos Científicos do Concello da Coruña, para presentar a exposición "Turismo e Fotografía. Català.-Roca en Galicia 1956-1976", que coproducen os Concellos de Santiago e Coruña e se inaugurará a semana que vén no Auditorio de Galicia. Na rolda participa tamén o comisario da mostra, Anxo Rabuñal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Universidade da Coruña, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presenta o proxecto de compra pública innovadora SMARTIAGO.

12.50 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Corral sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura as xornadas "Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Mariam Batsashvili dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage.

Compartir: