Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 26 de maio

11.30 h
Roteiro interpretativo "Coñecendo as árbores do parque de Belvís", organizado polo CIAC. Está dirixido a todos os públicos (a partir de 9 anos). Esta actividade é de balde pero é preciso inscribirse.

13.00 h
No pavillón do Restollal, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao Festival de Patinaxe organizado pola Federación de ANPAS de Compostela.

16.00 h
No campo de fútbol das Cancelas, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao IV Memorial de Rugby José Gándara.

18.30 h
No Teatro Principal, Baobab Teatro presenta "Pum Pum!" dentro do ciclo Cultura en Familia.

Compartir: