Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 7 de xullo

10.30 h
Na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística (rúa San Roque, 2), a concelleira María Rozas asiste á presentación da Gala aRimar.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar as bases da I Convocatoria para a concesión de subvencións de cooperación ao desenvolvemento. Na rolda estará Alejandro Quiñoá, presidente da Coordinadora Galega de ONG.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde María Rozas para presetar o ciclo ARTELLANDO, dentro da programación das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén participarán Fran Rei, de Culturactiva; Mauro Sanín, da Central Folque; José Expósito, de Pista Catro; e Mariola Cerdeiro, de Urdime.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

18.30 h
"Monicreques en Ruta: con Valle-Inclán por Santiago". Punto de encontro: estatua de Valle-Inclán no Paseo da Ferradura, na Alameda. Haberá visitas os seguintes días: no mes de xullo do 1 ao 7 e do 26 ao 31. No mes de agosto o 1 e 2, e do 27 ao 31.

21.00 h
No Teatro Principal, 30 aniversario de Chévere coa representación de ‘Río Bravo’

Compartir: