Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 6 de xullo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos das súas áreas.

11.30 h
Chegada á praza do Obradoiro das ilustradoras Blanca Escrigas e Isabell Seidel, do programa Camiña o Camiño. Amosarán algúns dos traballos feitos no traxecto desde Porto e debuxarán en directo.

11.30 h
No Consello da Cultura Galega, a concelleira de Turismo, Marta Lois, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participan na xornada "Turismo masivo e patrimonio".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Concha Fernández para presentar o programa Terra da Fraternidade, dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará Mercedes Peón e Vítor Belho, representante da entidade organizadora.

12.30 h
No Salón Reitoral, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á clausura da xornada do Foro Inserta Responsable da Fundación ONCE sobre "retos na xestión estratéxica do talento diverso: novos proxectos de traballo en rede".

18.30 h
"Monicreques en Ruta: con Valle-Inclán por Santiago". Punto de encontro: estatua de Valle-Inclán no Paseo da Ferradura, na Alameda. Haberá visitas os seguintes días: no mes de xullo do 1 ao 7 e do 26 ao 31. No mes de agosto o 1 e 2, e do 27 ao 31.

20.00 h
Na praza das Praterías, a Banda Municipal de Música de Santiago presenta ‘A ritmo de Banda’.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, inauguración de "Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia", en coprodución co MARCO de Vigo. No acto inaugural estarán a concelleira de Igualdade, Marta Lois; Xaquín López González, director do Auditorio de Galicia; Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO de Vigo; e Anxela Caramés, comisaria da exposición, ademais dos artistas participantes. As 20.30 h, actuación de Félix Fernández, da man do seu álter ego musical JËAN FIXX, e de EDU (Eduardo Fernández). Entrada libre.

21.00 h
No Teatro Principal, 30 aniversario de Chévere coa representación de ‘Río Bravo’.

21.00 h
No bar Olvido, a banda americana Zebra Hunt protagoniza o segundo concerto da sexta edición de TerraZeando.

21.00 h
No Áncora & Beerlab, menú especial e pinchada de cervexas dentro da I Mostra de Cervexas Artesás.

Compartir: