Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar as Festas do Apóstolo 2017.

12.00 h
No Salón Vermello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e das concelleiras de Deporte e Turismo, Noa Morales e Marta Lois, para presentar o Mundial de Xadrez sub-8, sub-10 e sub-12. Na rolda estarán os presidentes da Federación Española e Galega de Xadrez, Javier Ochoa de Echagüen e Gaspar Pérez Carnero e a directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.

18.30 h
"Monicreques en Ruta: con Valle-Inclán por Santiago". Punto de encontro: estatua de Valle-Inclán no Paseo da Ferradura, na Alameda. Haberá visitas os seguintes días: no mes de xullo do 1 ao 7 e do 26 ao 31. No mes de agosto o 1 e 2, e do 27 ao 31.

Compartir: