Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar o novo paquete de obras de mantemento.

13.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Ángel Brage), ROLDA DE PRENSA de presentación do concerto Chané na Habana, dentro do programa das Festas do Apóstolo. Na rolda estarán a concelleira Concha Fernández; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; un representante do Concello da Coruña; Ramón Pinheiro, director artístico do proxecto; os componentes de Alejandro Vargas Consort e Camerata Gelria e a cantante Rosa Cedrón.

Compartir: