Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 24 de xullo

11.00 h
Na estación de ferrocarril, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto convocado pola Plataforma de Vítimas do Alvia 04155.

13.00 h
Na Cidade da Cultura (no Museo Centro Gaiás), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2017.

20.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva e o Consello de Administración do Consorcio da Cidade de Santiago (SÓ GRÁFICOS. ENVIARASE NOTA).

21.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro do programa das Festas do Apóstolo.

23.30 h
Na praza do Obradoiro, espectáculo dos Fogos do Apóstolo 2017.

Compartir: