Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Ángel Brage), ROLDA DE PRENSA de presentación da temporada 2017-18 da Real Filharmonía de Galicia. Na rolda estarán o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o director da orquestra, Paul Daniel; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
2. Ampliación de usos na reserva de equipamento DOC-15. Fontiñas.
3. Aprobación do expediente de modificación de crédito extraordinario 2017-CREXT-01, para investimentos en Servizos Sociais, Relacións Veciñais e Parque Móbil, por importe total de 81.610,76 euros.
4. Aprobación dos expedientes de modificación de crédito de baixa do orzamento 2017-BAIXA-01, por importe de 658,25 euros, de suplemento de crédito 2017-SUPLE-01, por importe de 200.878,41 euros e de crédito extraordinario 2017-CREXT-02, por importe de 1.206.344,75 euros.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a situación que se está a vivir na rúa Fernando III O Santo e a resposta que debe dar o goberno local.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para impulsar a incorporación do corpo da Policía Local ao "sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero".
7. Proposición do grupo municipal do BNG, para esixir a activación do ERTMS que, catro anos despois do accidente de Angrois, non está operativo.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, para estudar o traballo realizado polo responsable da área de accesibilidade e aprobación dun plan de obras para executar aquelas que se consideren máis prioritarias.
9. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a adopción de medidas compensatorias para contribuír a afrontar os gastos dos locais socioculturais de titularidade veciñal.
10. Dar conta da resolución de liquidación do orzamento de 2016.
11. Dar conta de resolución de corrección de erros, pola que se amplía o prazo de información pública do expediente de "aprobación inicial da proposta de asunción directa da xestión do servizo de ORA e guindastre".
12. Dar conta de acordos da Xunta de Goberno Local de 30 de xuño e 7 de xullo e resolucións da Alcaldía de 28 de xuño.
13. Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Compartir: