Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de xullo

11.00 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, recibe os impulsores do proxecto "A miña cidade intelixente", que ten como obxectivo difundir o concepto de Smart City. No acto participarán os xeógrafos e socios de GeoCyl Eduardo Bustillo e Pablo Rodríguez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o concerto que De Vacas e María Gadú darán o próximo sábado na praza 8 de marzo dentro da programación das Festas do Apóstolo. Na rolda estarán Inés Salvado e Guillerme Fernández, membros do grupo De Vacas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o concerto que as bandas galegas Comando Katana, Bifannah, Jay, Bala e Novedades Carminha darán na praza da Quintana o 25 de xullo, dentro do programa das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estarán representantes dalgúns dos grupos participantes.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Auditorio Abanca (Preguntoiro, 23), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á conferencia do profesor Serge Haroche, dentro do programa ConCiencia 2017.

21.00 h
TerraZeando 2017. A terraza do Hotel Costa Vella convértese en escenario para os CVEEC (Como vivir en el campo), un trío composto por Carlos Barros, Miguel Breñas e Pero Arranz, a cabalo entre o pop clásico o folque e o power pop. Acceso libre.

23.00 h
Praza da Quintana. Chévere conclúe o maratón do seu trinta aniversario coa ‘Ultranoite no país dos ananos". As invitacións para poder ocupar as cadeiras que se instalarán na praza xa están esgotadas. Para as localidades sen cadeira, acceso de balde ate completar aforo.

Compartir: