Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os nenos e nenas saharauís que participan no programa Vacacións en Paz.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
No Auditorio de Galicia (Sala Circular), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o concerto que ofrecerán a Real Filharmonía de Galicia e Uxía dentro do programa das festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará a cantante Uxía e Paul Daniel, director titular e artístico da RFG.

20.30 h
No Teatro Principal, Ciclo de Cinema Australiano coa proxección do filme Son of a gun (2014, Dir. Julius Avery, 108’, VOSE). Os actores Ewan McGregor, Brenton Thwaites e Alicia Vikander protagonizan a película. Entrada libre previa retirada de invitacións.

Compartir: