Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 15 de xullo

14.00 h
Na Casa do Concello, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, recibe os integrantes da Orde do Camiño de Santiago.

20.00 h
Na Fundación Rosalía de Castro (Padrón), a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste ao acto de aniversario do pasamento da escritora.

20.30 h
O Teatro Principal acolle o concerto "Mestres e Laureados II", no marco do VII Festival Peregrinos Musicais. O violinista Sergey Arutyunyan e as pianistas Ilona Timchenko e Estefanía Cereijo interpretan pezas de Jean-Marie Leclair, W.A. Mozart, F. Chopin, H Wieniawski e N. Paganini.

Compartir: