Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de setembro

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar o proxecto de educación sexual nos colexios "Melibea". Na rolda estarán as educadoras Beatriz Viñal González e Melisa Silva Castro.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a II Andaina e Carreira Solidaria Tras-Ril-San. Na rolda estará a presidenta da Asociación Galega de Transplantados do Ril de Santiago, Pilar Fernández.

11.15 h
No parque de Galeras, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita os nenos e nenas que participan na Festa do Deporte.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao grupo de peregrinos de FEAFES Galicia.

18.00 h
Roteiro Interpretativo polo Parque de Belvís, dentro das actividades do CIAC. A actividade está dirixida a todos os públicos (nenos/as a partir de 9 anos). É de balde pero é preciso inscribirse.

20.30 h
No Teatro Principal, a Companya María Antònia Oliver presenta "Las Muchas", dentro do programa de Teatro & Danza.

Compartir: