Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 15 de setembro

A NOITE DO PATRIMONIO. Semana do Patrimonio Invisible
11.00, 12.30 h, 17.00 h e 20.00 h
Visitas guiadas ao Hostal dos Reis Católicos, Pazo de Ramirás-Colexio dos Irlandeses, de novo Hostal e San Agustín, dentro da Semana do Patrimonio Invisible.
19.30 h No Claustro Procesional de San Martiño Pinario, Conversas no Claustro. Presenta Branca Novoneyra e, como relator, Daniel Abreu.
VISITAS GUIADAS
21 h San Martiño Pinario
21 h Parador Hostal dos Reis Católicos
22.30 h San Martiño Pinario
PROGRAMA NA PRAZA DA QUINTANA
20.45 h Proxección ‘Labirintos Líricos’, un proxecto de Boamistura para Cidades Patrimonio.
21 h Cía. de Danza Daniel Abreu presenta ‘Más o menos inquietos’.

13.00 h
Na Praza de Abastos, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro da RFG na Cidade. Dirixidos por Jan Wierzba, interpretan obras de Mozart, Elgar, Bartok e Mendelssohn.

20.00 h
No campo de fútbol das Cancelas, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á final do I Torneo Internacional feminino de fútbol gaélico.

21.45 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, dá a saída á proba nocturna Cidade Vella, a primeira do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan 2018.

Compartir: