Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 6 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

11.45 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Turismo, Marta Lois, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asisten ao inicio da acción principal da campaña de concienciación sobre o problema dos pisos turísticos ilegais.

12.00 h
No centro Ágora (A Coruña), a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, participa no IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos.

12.30 h
Na estación de FFCC, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto institucional de inicio das obras da Terminal de Autobuses integrada na Estación Intermodal de Santiago de Compostela.

19.30 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do Goberno municipal participan nun novo Encontro Ao Vivo coa veciñanza de Salgueiriños, As Cancelas e Meixonfrío.

20.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos integrantes da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada.

Compartir: