Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 30 de xullo

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na praza de Cervantes, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da programación do Festival Feito a Man 2018, que terá lugar do 1 ao 26 de agosto. Na rolda tamén estarán Manuel Rodríguez e Ánxeles Porto, da A. C. Cidade Vella, e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

Compartir: