Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de xullo

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da sesión.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación inicial dos expedientes de suplemento de crédito núm. 2018-SUPLE-03 por importe de 2.102.851,61 euros e de crédito extraordinario núm. 2018-CREXT-04 por importe de 893.900,23 euros financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do Concello do exercicio 2017.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as Xornadas de Folclore das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén participarán os representantes das agrupacións Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata de Sar e Ultreia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o programa Territorio Xogantín.

12.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, para presentar o I Concerto Benéfico NormalizAutismo. Na rolda estarán Isabel González, Presidenta da OSAL NormalizAutismo Galicia; Rosa Cedrón, madriña do evento; e os artistas Luis Fercán e Jorge Casal, que colaboran co concerto.

Compartir: