Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar os concertos que dará a Banda Municipal de Música dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará o director da mesma, Casiano Mouriño.

11.30 h
Na zona verde do Centro Cívico da Gracia, Mañás de circo nos parques, con Circo Chosco. Actividade de balde.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para dar conta das propostas presentadas na primeira fase dos Orzamentos Participativos.

16.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da sesión.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal das terrazas e quioscos de hostalería.
4.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.
5.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza xeral municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibracións e condicións dos locais.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 21 de xuño de 2018.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación definitiva da modificación puntual da ordenanza especial OE-5 Galeras do PXOM, no ámbito do antigo hospital.
4.- Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación puntual do PXOM en execución das sentenzas anulatorias do polígono 11. Castiñeiriño.
5.- Aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario núm. 2018-CREX-03.
6.- Aprobación inicial da modificación de crédito mediante suplemento de crédito 2018-SUPLE-02.
7.- Aprobación inicial de modificación das bases de execución do orzamento de 2018.
8.- Proposta da alcaldía en relación cos títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago para o ano 2018.
9.- Proposta da alcaldía para o nomeamento de concelleiro substituto na Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
10.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, para o desenvolvemento dos accesos viarios estruturantes dos parques empresariais de Costa Vella e da Sionlla.
11.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a posta en marcha de medidas para promover a visita de edificios históricos de difícil de acceso público.
12.- Proposición do grupo municipal do BNG, para abrir ao público os edificios, monumentos e xardíns rehabilitados polo Consorcio da Cidade de Santiago.
13.- Dar conta de escrito do BNG de cambio de portavoz e representante no Consello Asesor de Condecoracións.
14.- Dar conta de escrito do BNG de renuncia a ter representación en XADE.
15.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva do Regulamento de funcionamento do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade.
16.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
17.- Declaración institucionais do Concello de Santiago de Compostela:
A prol da regularización da educación social.
Para declarar persoas non gratas aos compoñentes da "Manada".
18.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Compartir: