Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para facer balance do programa "Descarboniza! Que non é pouco". Na rolda tamén estará Miguel Pardellas, do Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC.

19.00 h
No Pazo de Fonseca, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste á inauguración dos Cursos Internacionais da USC.

Compartir: