Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de abril

10.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitan o novo Parque Infantil Tráfico.

11.00 h
En Villestro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de portas abertas da Asociación Aspanaes, con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o seguinte concerto de Compostela Conversa, con Presumido e Bflecha. Na rolda participan tamén Cristina Miranda, directora artística do ciclo, e Nacho Dafonte e Tarci Ávila, membros de Presumido.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado do Instituto Orsoline de Como (Italia), de intercambio co IES A. Xelmírez I.

16.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, reúnense coa directora xeral de Acuaes, Aránzazu Vallejo, e co director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez. Declaracións ao remate.

Compartir: