Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 6 de abril

11.00 h
No Parlamento, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega da Medalla do Parlamento de Galicia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

17.00 h
No CSC de Fontiñas, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste ao acto de conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, organizado pola Fundación Secretariado Xitano de Santiago. No acto estrearase a curta "Marcando la diferencia", dentro da campaña "Das mulleres xitanas a todas as mulleres. Loitemos por cambiar os tempos".

18.00 h a 20.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, obradoiros de elaboración de traxes de época para a celebración do Banquete de Conxo, coa Asociación do Traxe Galego. Necesaria inscrición previa.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, debate "Historia do movemento feminista galego", dentro do programa de actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.

20.30 h
No Teatro Principal, Ibuprofeno Teatro presenta "Casa O’Rei", dirixida por Santiago Cortegoso, dentro do ciclo de Teatro & Danza. Ao remate do espectáculo, #posfunción cun coloquio entre membros do equipo e público.

Compartir: