Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de abril

11.00 h
No Pazo de Fonseca, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do Veran CampUSC xunto á vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social en funcións, Dolores Álvarez.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Andaina 50 Km, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. Na rolda estará o representante da sección de montaña, Iñaki Bilbao.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato Galego de Ximnasia Acrobática. Na rolda estarán a directora técnica do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, María Cañabate, e a coordinadora da escola de ximnasia acrobática, Belén Ferreiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a convocatoria de axudas a procesos e actividades culturais, por concorrencia aberta e competitiva.

12.20 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a artista brasileira Adriana Calcanhotto, que ofrecerá un concerto na cidade o venres 27. SÓ GRÁFICOS.

16.00 h
No Teatro Principal, taller "O corpo ocupado", impartido por Janet Novás, previo ao espectáculo que Novás ofrece o venres no Teatro Principal.

19.30 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, preside a presentación do libro "De Quiqui Bar… a Castromil". Asisten: Francisco Macías, autor da publicación e director de Edicións Positivas; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Christoph König, previo ao concerto no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Christoph König, e con Tasmin Little ao violín.

Compartir: