Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de abril

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o viceconselleiro de Cultura do País Vasco, Joxean Muñoz.

11.00 h
No IES Rosalía de Castro, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, visita a exposición itinerante "Mulleres no laboratorio".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar a páxina web do programa Revive Santiago Edusi e o acto de presentación á veciñanza.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o GP de España de Enduro, puntuable para o Campionato do Mundo de Enduro, que se celebrará esta fin de semana en Compostela. Na rolda estarán a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Canda; e o piloto e inspector da FIM Enduro World Championship, Maurizio Micheluz.

19.30 h
Na Facultade de Historia, palestra "Os días da liberdade", con motivo dos actos de conmemoración do 25 de abril.

Compartir: