Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 14 de abril

12.00 h
As concelleiras María Rozas e Noa Morales asisten ao percorrido histórico pola Compostela republicana, evento organizado polo Concello en colaboración co grupo Hispona da USC. Saída da Alameda (estatua das Marías).

12.30 h
Paseo histórico – teatral da man dos Quinquilláns. Recreación dos sucesos históricos previos á celebración do Banquete de Conxo. Acción itinerante en seis localizacións: Praza de Cervantes – Praza de Santo Agostiño – Mercado de Abastos – Praza de Mazarelos – Rúa Orfas – Praza do Toural. En cada espazo xurdirá un novo personaxe: Crego, Cacheirana, Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e fidalgo Patiño. Todo o percorrido contará coa animación musical de Luís Caruncho.

A partir das 18.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, obradoiros de elaboración de traxes de época para a celebración do Banquete de Conxo, coa Asociación do Traxe Galego. Necesaria inscrición previa.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Ses presenta o seu novo disco, "Readmirando a condición".

Compartir: