Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de abril

9.30 h
Na Facultade de Dereito, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste á inauguración do XXIX Congreso estatal de mulleres avogadas.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, "A burra Ramona", concerto da Banda Municipal de Música, narrado por Paula Carballeira, dentro do programa didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no XXIX Congreso estatal de mulleres avogadas.

18.00 h a 20.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, Obradoiros de elaboración de traxes de época para a celebración do Banquete de Conxo, coa Asociación do Traxe Galego. Necesaria inscrición previa.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, presentación do libro "La prostitución en el corazón del capitalismo".

20.00 h
No Salón de ámbito cultural de El Corte Inglés, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro de Braulio Anca "Otros tiempos. El fútbol en Santiago, 1965-1982".

20.30 h
No Teatro Principal, Compostela Conversa con Presumido e BFlecha. Conversa previa moderada pola directora do ciclo, Cristina V. Miranda e despois concertos.

Compartir: