Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de abril

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, "A burra Ramona", concerto da Banda Municipal de Música, narrado por Paula Carballeira, dentro do programa didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a colección de Cadernos de Compostela. Na rolda participan tamén Mercedes Vázquez Bertomeu de deHistoria, autora dos textos, e Marcos Vigo, autor do deseño e ilustración.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con...Paul Daniel, previo ao concerto das 20.30 h

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia que interpreta escenas da ópera "Electra" de Strauss. Dirixida por Paul Daniel e coas sopranos María Ruíz e Maribel Ortega; a mezzosoprano Marta Infante; o barítono Richard Wiegold e o tenor José Manuel Zapata.

Compartir: