Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de abril

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Las Tricotouses presentan "Emoticores" dentro do programa didáctico.

10.00 h
Na pista polideportiva de Pontepedriña, declaracións aos medios do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes.

11.00 h
No Pazo de Fonseca, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández. asiste ao acto de presentación da nova entidade Plataforma de Organizacións de Infancia.

11.00 h
No Salón Verde, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, preside a xuntanza do grupo de educación do Eixo Atlántico sobre Intercambios Escolares. Declaracións ao comezo.

11.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar o Mercado do Libro e da Artesanía, dentro do programa de actividades para conmemorar o Banquete de Conxo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para dar conta da participación do programa Tropa Verde na rede Transfer Networks de URBACT. Na rolda de prensa tamén participarán Marta Morán Hermida, responsable do proxecto Tropa Verde, e Ricardo Vila Abendaño, socio-fundador da empresa Teimas Desenvolvemento.

12.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentas as xornadas "Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo". Na rolda tamén participará a concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; Fernando Franjo, director de contidos das xornadas; e Miguel Fernández-Cid, director da Fundación Torrente Ballester.

18.00 h
No CIAC (Belvís), charla "Produción ecolóxica de alimentos a pequena escala seguindo o método Biointensivo", impartida por Guillermo Rodríguez Barreiro (enxeñeiro agrónomo) e Juan M. Martínez Valdez (director de ECOPOL, asesor de Ecology Action, e responsable da difusión do método en Latinoamérica e Europa). Está dirixido a todos os públicos. Esta actividade é de balde e non é preciso inscribirse. Acceso libre ata completar aforo.

Compartir: