Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de setembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, para presentar o I Foro Internacional da Economía e Cultura Rural.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi.

Festival HerDanza
17:15 – INTERVENCIÓN – CGAC
Dancentergala
17:30 – PROXECCIÓN – CGAC
Documental «FUERA DE ESCENA» e coloquio coa directora Alejandra Aguirre
20:00 – ESPECTÁCULO NA RÚA – Praza de Salvador Parga
«I LOVE THE MICROPHONE» – Rakhal Herrero
21:15 – CONVERSA – Casa do Matadoiro
«Expresionismo Alemán: Danza e outras expresións artísticas de principios do século
XX» con Berta Secall Pons e Rosa Marta Gómez Pato

Compartir: