Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "Valentino Rufini e âkil pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)", dentro de Compostela Cultura Didáctica.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o proxecto "Galegoempresas". Na rolda tamén participarán Isabel Vaquero, concelleira de Normalización Lingüística de Ames; Pilar Faxil, concelleira de Cultura en Teo; e Óscar Maceiras, responsable do proxecto na empresa Ágora Aberta.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar unha nova edición do Salón CarOutlet Santiago. Na rolda estará o seu organizador, Miguel Esqueira.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: