Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de agosto

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o segundo título da colección Cadernos de Compostela. Na rolda tamén participarán Mercedes Vázquez e Marcos Vigo, autores da publicación.

12.00 h
Na praza de Cervantes, instalación dos elementos da campaña de concienciación sobre o problema dos pisos turísticos ilegais. Declaracións da concelleira de Turismo, Marta Lois, e do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte.

19.30 h
Na praza da Quintana, "Ohlimpiadas!", de Desincronacidas, dentro do ciclo Cultura no Camiño.

Compartir: