Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de agosto

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para dar conta do proxecto de calmado de tráfico e mellora da mobilidade ciclista no Ensanche.

22.00 h
Na praza da Quintana, Noites Curtas, proxección ao aire libre dunha escolma especial de filmes realizada polo equipo de programación de Curtocircuíto. Festival Internacional de Cine. De balde.

FEITO A MAN
19.30 h En Santo Agostiño-Ameas, DANI BARREIRO & FRIENDS (pop-rock) + DJ.
21.00 h En San Martiño Pinario, GRÜVZILLA & OGRA (funk, soul).
22.00 h En San Paio de Antealtares, MAD MARTIN TRÍO (rockabilly).

Compartir: