Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.00 h
No Pazo de Congresos, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á Gala do Deporte galego 2018.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, A cabeza do Dragón’ de Ramón María Valle Inclán, posto en escena por Producións Excéntricas con música en directo do TAC e co que pechamos as Xornadas de Música Contemporánea. Dirixido por Quico Cadaval.

Compartir: