Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o curso 2018-2019.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e do pianista Javier Otero Neira para presentar o concerto Silent Wifi Music Experience, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: