Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 8 de abril

10.00 h
Na rúa da Senra, a concelleira de Deporte, Noa Morales, dá a saída á I Milla Urbana "Portas de Compostela". Ás 11.30 h e 14.30 h participa na entrega de trofeos.

10.30 h
Saída da Alameda (escultura das irmás Fandiño Ricart) da actividade "Os camiños do lecer", dentro da que se visitarán os lugares de lecer máis emblemáticos da cidade e, ao redor deles, darase a coñecer a historia das mulleres, os costumes e as relación sociais da época, dentro do programa de actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres. Asiste a concelleira de Igualdade, Marta Lois.

11.00 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, II Encontro de Mulheres na Lusofonia: Mulheres, Territórios e Memórias. Asiste a concelleira de Igualdade, Marta Lois.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música, ciclo Novos Intérpretes. Dirixida por Casiano Mouriño e con Belén Carril Miguens, fagot.

Compartir: