Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de abril

11.30 h
Roteiro interpretativo polas Brañas do Sar organizado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) de Belvís. Dirixido a todos os públicos (a partir de 9 anos). Esta actividade é de balde pero é preciso inscribirse.

12.30 h
Na Alameda, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da XXXVII Feira do Libro Novo de Santiago de Compostela. Ás 13.00 h, concerto da Banda Municipal de Música.

12.45 h
No pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os premios do Campionato Galego de Ximnasia Acrobática.

16.30 h
Nos exteriores do estadio de San Lázaro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os premios do GP de España de Enduro, puntuable no Campionato do Mundo de Enduro.

18.30 h
No Teatro Principal, a compañía Entremans presenta "Gaia", dentro da programación de Teatro & Danza e de Cultura en Familia. Actividade enmarcada na celebración do Día da Danza.

19.00 h
No pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Turismo, Marta Lois, entrega os premios do Campionato Galego de Ximnasia Acrobática.

20.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta), Chosco ofrece o seu espectáculo "Chosco!" dentro do programa de residencias escénicas da Concellaría de Acción Cultural.

22.00 h
Na rúa de San Francisco, a concelleira de Deporte, Noa Morales, dá o pistoletazo de saída da IV Carreira SantYaGo10K.

00.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os premios da IV Carreira SantYaGo10K.

Compartir: