Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a XXXVII Feira do Libro de Santiago de Compostela. Na rolda tamén estarán Xosé Antón Pedreira, vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, e Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o programa das Festas da Ascensión 2018.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

18.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á presentación e supertest (prólogo) do Campionato do Mundo de Enduro.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Adriana Calcanhotto, que presenta "A Mulher do Pau-Brasil".

20.30 h
No Teatro Principal, Janet Novás presenta "Si pudiera hablar de esto no haría esto", dentro da programación de Teatro & Danza e do ciclo Danza a Escena. Actividade enmarcada na celebración do Día da Danza.

Compartir: