Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na visita ás obras da variante de Aradas. Punto de encontro: cruce da Vía Marconi coa Vía Nobel do Polígono do Tambre.

12.00 h
Na Capela de San Marcos (Monte do Gozo), concerto da Banda Municipal de Música dentro das festas de San Marcos.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, visitan as actividades con motivo do Día da Educación Física na Rúa.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de presentación do proxecto ReVive Santiago - Edusi.

21.00 h
No Teatro Principal, Tolemia Teatro da USC presenta "Cyrano" dentro da XIX Mostra de Teatro Universitario.

Compartir: