Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 21 de abril

11.30 h
No CIAC (Belvís), Obradoiro de Iniciación á Ornitoloxía. Dirixido a todos os públicos (a partir de 8 anos). Actividade de balde pero é preciso inscribirse.

11.30 h e 12.30 h
Na Galería Sargadelos, "Do berce á lúa", sesións de contos para bebés dentro da XVIII Campaña de Animación á lectura.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, "De Galaxias e Planetas", concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, dentro do ciclo "Descobre unha orquestra para ti, a túa!". Interpretarán "A Guerra das Galaxias" de John Williams e "Os Planetas" de Gustav Holst. Contarán coa asistencia da Tropa Korriban Star Wars Galicia e está dentro da RFG Solidaria, nesta caso con Down Compostela.

12.30 h
Na Finca Vista Alegre, concerto da Escola Municipal de Música e de Circonove con motivo do Día Internacional do Circo.

20.30 h
No Teatro Principal, "Oleanna", de David Mamet, dentro do ciclo Teatro & Danza. Dirixida por Luis Luque e protagonizada por Fernando Guillén Cuervo e Natalia Sánchez.

Compartir: