Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 9 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Antón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, que asinará no Libro de Honra do Concello. A continuación (13.30 h), ofrenda floral na estatua de José Martí (parque Eugenio Granell).

Compartir: