Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de febreiro

10.00 h
Na Sede da EGAP, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste ao coloquio "A nosa vida... en positivo. Deporte e superación persoal".

10.30 h
No Teatro Colón da Coruña, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación das Residencias Paraíso 2018. Na presentación tamén participarán o director de AGADIC, Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o concelleiro de Cultura da Coruña, Xosé Manuel Sande.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Igualdade, Marta Lois, e de Mocidade, Noa Morales, e do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar os actos con motivo do Día Internacional da Muller.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para dar contar da apertura de prazos de matrícula nas escolas infantís.

18.00 h
Na Finca Vista Alegre (rúa Salvadas, s/n), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a Escola Municipal de Música.

20.00 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presenta o libro "100 anos de aviación en Compostela". Tamén asisten: Xerardo Rodríguez, autor da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Lucila Ventoso, directora de Andavira Editora

Compartir: