Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 10 de febreiro

12.00 h
Na Praza de Abastos, o concelleiro Xan Duro participa no I concurso infantil de disfraces organizado pola Asociación de Usuarios de Casillas da Praza de Abastos (ASUCA).

ENTROIDO 2018

20.00 h
Concentración na praza de Cervantes e DESFILE DO MECO ata a praza do Toural pasando polas rúas Nova e do Vilar ata o Pazo de Bendaña, onde permanecerá ata o día 14 de febreiro.
Animación a cargo das comparsas OS CONFORMISTAS DE CONXO e A RULIÑA DE LARAÑO
Praza do Toural

20.30 h
SUBIDA DO MECO aos balcóns do Pazo de Bendaña.
PREGÓN APOSTÓLICO a cargo de Carlos Santiago e BANDA CONVIDADA "IGMIG".
Praza do Toural

18.30 h
Xenerais da Ulla. ARÍNS

Compartir: