Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Noa Morales para presentar o festival Her-Danza. Na rolda tamén estarán os directores Isabel Sánchez Temprano, Leodán Rodríguez Casas e Xiana Vilas Castro; e un representante de Adegas Galegas, empresa patrocinadora do festival.

11.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega da partitura de "O Carro", cantiga de Manuel María musicada por Baldomero Iglesias, Mero, a unha representación do escritor. A peza foi interpretada nas Festas do Apóstolo deste ano na praza da Quintana pola Banda de Música de Santiago, o grupo Treixadura e o coro de Cantigas e Agarimos como lembranza a Manuel María no XIII aniversario do seu pasamento.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar o II Festival Intercultural dentro do programa Compostela Convive. Na rolda tamén estará Miguel Fernández, presidente da Plataforma polo Emprego, e Lidia Aquino, do Colectivo Paraguay.

Semana cultural de Conxo
No CSC de Conxo (praza Aurelio Aguirre, nº1)
18.00 h
Obradoiro de Lectura de Etiquetas. Para persoas adultas.
18.00 h
Contos para coidar a terra, con Anxo Moure.
19.00 h
As parábolas de Pakolas. Música infantil para compartir en familia con Paco Cerdeira.
20.30 h
A compañía Sal do Teatro presenta Váter, unha comedia claustrofóbica, con Borja Salgado e Xurxo Barcala.
21.30 h
Noites de lúa e cine. No psiquiátrico de Conxo en colaboración coa Asociación Itinera.

WOS Festival
ENCONTROS
16.00 h. Auditorio do CGAC. Encontro Tras a pista do organ sound. Entrada libre ata completar aforo
17.15 h. Sala La Montiel. Encontro con Nite Jewel. Entrada libre ata completar aforo

CINEMA
17.45 h. NUMAX. Proxección de Rage. A Movie About Acid Music (Dominque Lohlé e Guy-Marc Hinant, 2016). Estrea en España . Presentación e coloquio co director, Guy-Marc Hinant e con Servando Rocha . Consultar prezos e dispoñibilidade na web de NÚMAX

MÚSICA
18.00 h. Igrexa da Universidade. Concerto de Ghost and Tape.
19.00 h. Fundación Eugenio Granell. Concerto de Nite Jewel
20.00 h. Igrexa da Universidade. Concerto de Oren Ambarchi
21.00 h. Fundación Eugenio Granell. Concerto de The Dwarfs of East Agouza
22.00 h. Sala Capitol. Concerto de Sensible Soccers.
23.00 h. Sala Capitol. Concerto de The KVB
00.10 h. Sala Capitol. Concerto de K-X-P Live A/V
01.00 h. Sala Malatesta. Sesión DJ de Alicia Carrera
02.30 h. Sala Malatesta. Concerto de Tolouse Low Trax
03:30 h. Sala Malatesta. Sesión Dj con Vladimir Ivkovic

PERFORMANCE
20.30 h. Sala La Montiel. Javier Martín pon en escena Metopio/Artes del movimiento. Entrada para persoas alleas ao festival: 5 €
21.00 h. Teatro Principal. Sonic Parkour Live A/V. Nacho Muñoz presenta o seu proxecto Concerto para piano e cidade, unha investigación poética centrada na relación das persoas co son. Entrada para persoas alleas ao festival: 5 €

Compartir: