Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 30 de setembro

11.00 h
Na praza de Cervantes, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asisten á inauguración do mercadiño rosaliano, dentro do Festival Rosalía. Tamén asisten Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; e Cesáreo Sánchez, presidente de AELGA. A Banda Municipal de Música de Santiago acompañará cun concerto con obras de R. Soutullo, B. Del Río, X. Montes e J. Lois. Dirixe Casiano Mouriño Maquieira.

12.30 h
Na rúa Diego de Muros, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a festa "Máis de 55 anos vivindo o Ensanche".

FESTIVAL CURTOCIRCUÍTO
11.00-13.00 e de 17.00-19.00. No CGAC, obradoiro infantil Rebonina. Experimentos sonoros con cinta de casete con Mateo Mena. Para público de entre 8-12 anos. Custo da inscrición 20 Euros.
17.20 h. Auditorio Abanca (Preguntoiro). Presentación de Peter Greenaway á prensa.
-Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela
-Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural
-Peter Greenaway, cineasta
-Pela del Álamo, director de Curtocircuíto Festival Internacional de Cine
18.00 h. Auditorio Abanca. Sesión inaugural Filmed by Peter Greenaway coa coa presenza de:
-Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela
-Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural
-Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña
-Jacobo Sutil, director de AGADIC
-Peter Greenaway, cineasta
-Pela del Álamo, director de Curtocircuíto Festival Internacional de Cine
E coas proxeccións de:
Intervals (Dir. Peter Greenaway, 1969; Reuno Unido; Doc Experimental)
H is for house (Dir. Peter Greenaway, 1973; Reino Unido; Doc Experimental)
Water Wrackets (Dir. Peter Greenaway, 1975; Reino Unido; Doc Experimental)
A walk through H: The reincarnation o fan ornithologist (Dir. Peter Greenaway, 1978; Reino Unido; Doc Experimental)
Acceso gratuíto previa retirada de invitacións no Teatro Principal.
(Apertura de portas ao público 17.50 h)

21.00 h
Na Sala Capitol, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de inauguración da 14ª Edición de Curtocircuíto. Con concertos de Alex Augier e Vive Les Cônes. Entrada de balde previa retirada de invitacións no Teatro Principal.

Compartir: